Curso de Business Angels
de Startup Galicia
🚨 A formación desenvólvese en Santiago de Compostela, os días 23 e 24 de maio.
Quero reserva a miña plaza no curso
Queres saber máis? Continúa lendo.
Cando, onde e como é o curso?
🗓 Venres 23 de maio e sábado 24 de maio de mañan
🕒 Venres de 9:30 a 20:00 e sábado de 9:30 a 14:00
📍 Centro de Investigación Mestrelab (CIM) en Avenida de Barcelona nº7, Santiago de Compostela
👥 Prazas limitadas. Si, será un curso exclusivo para que haxa espazo para compartir, preguntar, non deixar ningunha dúbida sen resolver
Yolanda Falcón
(Xesgalicia)
Santi Domínguez (Mestrelab)
Diego Mariño
(Pétalo)
Antón Vieito
(AV Law)
Miguel González
(Andbank Vigo)
Luis Sestelo
(Optare)
Amalia Formoso
(LifeX Ventures)
A quen vai dirixido ?
Programa e contidos por módulos
Obxectivos específicos & actividades
1. Startups como activo de investimento
Comezamos descubrindo por que as startups poden converterse na xoia da túa carteira: verás o seu potencial de crecemento, como encaixan nunha estratexia patrimonial e, sobre todo, como xestionar o risco sen perder o sorriso.
2. A figura do Business Angel
Aquí porás o casco (¡e mais as ás!) do Business Angel: definiremos o seu rol, comprobaremos se este mundo encaixa contigo e comentaremos estratexias de investimento á túa medida.
3. Caso de estudo
Pasamos da teoría á práctica cun caso real: un business angel e a súa startup invertida abrirán as súas entrañas para que apliques o aprendido e lances todas as túas preguntas sen filtro.
4. A inversión en startups
Descubrirás por que investir en startups é diferente a todo o anterior: repasaremos o seu ciclo de financiamento, onde cazar oportunidades e que tendencias paga a pena vixiar de preto.
5. Como analizar unha startup
(a due diligence)
Meterémonos na “cirurxía” da due diligence para detectar sinais verdes e vermellas, ler métricas como un pro e poñerlle un prezo (realista) a unha startup.
6. Ferramentas legais a ter en
conta e documentos “típicos”
Sacaremos o dicionario legal para descifrar term sheets, pactos de socios e notas convertibles, de xeito que ningunha cláusula che quite o sono.
7. Caso de estudo
Volvemos ao terreo de xogo cun segundo caso práctico: contraste de perspectivas entre fondo de investimento, un BA e a startup, debate asegurado e aprendizaxe garantida.
8. Fiscalidade da inversión en startups
Pasaremos pola xanela da AEAT para coñecer os incentivos fiscais e as claves da nova Lei de Startups que poden multiplicar a túa rendibilidade.
9. Seguimento da inversión e desinversión
Pechamos o círculo co seguimento e a saída: como achegar valor tras investir, cando reinvestir e como dicir adeus (ou xestionar tropezos) con elegancia.
10. Mesa redonda
Punto e seguido cunha mesa redonda onde compartirás experiencias con redes de Business Angels; trae as túas preguntas, que aquí non nos gardamos nada.
🕒 Os días venres 23 de maio (de 9:30 a 20:00) e sábado 24 de maio (de 9:30 a 14:00)
📍 Presencial, no Centro de Investigación Mestrelab (CIM) en Avenida de Barcelona nº7, Santiago de Compostela
Prezo do curso
O prezo do curso inclúe o seguinte:
🧠 A formación específica (consulta o detalle)
📕 Todos os materiais necesarios
🥘 Comida do venres e sábado e cea do venres
Vale, pero canto me vai custar? Ollo cos descontos!
Prezo base
500 €
Sen descontos.
Prezo "early bird" (ata o 15 de maio )
400 €
Aforras 100 € por inscribirte XA!
Prezo para persoas socias de
Startup Galicia
375 €
Aforras 125 € sendo persoa socia!
Estás interesado/a no curso?
Reserva a túa praza neste formulario.
Dúbidas? Escribe a [email protected].